Dúas alumnas de primeiro de ESO gañaron o concurso “Picasso coruñés”

O concello de A Coruña, en colaboración coa Fundación Emalcsa, contando coa coordinadición da Asociación da prensa e a Asociación Pablo Ruíz Picasso, pretende dar a coñecer entre os nosos escolares a etapa coruñesa de Picasso: os seus comezos na pintura durante a súa adolescencia.

Os traballos, realizados de xeito interdisciplinar (Lingua galega, castelán e Educación plástica) pretendían emular os periodiquillos que Picasso elaborou durante a súa estadía na cidade herculina.

O xurado tamén destacou pola súa calidade os xornais de Helena e Irene, Laura Alonso e Nerea Fernández de 1º A; Olalla de 1º B; Claudia e María González, Antía e Elda de 1º C. Para máis información pica aquí.

FOT_DíaADía_13042015_ConcursoPicasso_EDIT
  TEXTO: Enrique Rabadán / FOTOS: Almudena Lacomba