Divírtete este verán sen saír de Vigo.

Non sabes que facer nas aburridas e longas tardes? Le a seguinte lista e entérate das actividades máis divertidas que podes realizar este verán en Vigo.

Vigo paintball: unha idea para pasar a tarde e visitar o painball, ademais podes facer unha actividade nova e divertida sen desprazarse moi lonxe. As súas instalacións contan con tres campos: o Battle Arena, o Castle Arena, e o Big Castle Arena.

                   paintball-vigo1 (1)

Real club náutico de Vigo: este club está formado por diversas instalacións deportivas e pavillóns, que constan de pistas de tenis, padel, fútbol sala, e unha piscina cuberta; ademais ofrecen os servizos de cafetería, autoservizo, vestiarios e duchas. Estas instalacións abren as súas portas para poder gozar delas os días lectivos de 14:00 a 22:00, e os restantes de 8:00 a 22:00.

FOT_lecer_06062015_ocioenVigo_02_turismodevigo

Museo do Marco (Museo de Arte Contemporánea): este museo, creado a partir dun cárcere do século XIX, ofrece agora variadas e atractivas exposicións de arte contemporáneo .Este feito convérteo  nunha boa opción para enriquecerse culturalmente e explorar un novo mundo artístico.

Costa da Vela: este paraíso natural atópase entre a Ría de Vigo e a Rías de Pontevedra. Podes observar un mundo extraordinario onde o mar e os piñeiros son os protagonistas, acompañados ás veces por algún golfiño xogueteando entre as ondas. Ao longo de toda esta costa atópanse diversas praias, as vistas son espectaculares e as Illas Cíes atópanse ao alcance da man.
FOT_lecer_06062015_ocioenvVigo_03_epaescultura

Illas Cíes: este arquipélago é un dos máis estimados tesouros de Galiza, composto polas illas de Monte Agudo, O Faro e San Martiño; atopándose a dúas primeiras unidas por un estenso areal, a praia de Rodas, bañado por augas cristalinas de cores turquesas cheas de vida. Unha visita a este paraíso natural é perfecta para practicar sendeirismo en familia e descubrir novas praias, á vez que para pasar un día de diversion  descansando na area e gozando da auga.

FOT_lecer_06062015_ocioenVigo_04_FarodeVigo

Illa de Toralla: esta illa sitúase na costa sur da ría de Vigo, e baixo os seus edificios atópase un importante castro da Idade de Ferro e unha necrópole romana, ambas a dúas destruídas pola ambición de construír edificios e chalets privados. Ultimamente a súa fauna é espléndida malia verse moi afectada pola pesenza humana na illa. En xeral, a pesar de ser unha illa pequeña, é un bonito lugar para poder explorar a fauna marina de Vigo.


FOT_lecer__06062015_ocioenVigo_05_FarodeVigo_

Estadio de Balaídos: este estadio, casa do Real Club Celta de Vigo, é unha das mellores opcións para pasar un rato cos amigos e descargar o estrés mediante berros de alegría e ánimos para o equipo. Foi construído no ano 1928 e ten capacidade para 29.000 espectadores. Actualmente Balaídos  está a ser renovada para mostrar unha mellor imaxe. Unha vez finalicen os seus cambios, quedará cuberto por unhas placas de aluminio irregulares, que imitan o movemento das ondas e as algas, para mostrar a union entre Vigo e o mar.


FOT_lecer_06062015_ocioenVigo_06_teinteresa

Castrelos: Castrelos é un parque para deportistas, xa que conta cun percorrido para adestrar e numerosas rutas para correr. E tamén é un dos mellores lugares  de Vigo para ir con nenos, ou non tan nenos, grazas ao seu enorme parque infantil e o seu lago con patos e cisnes.

FOT_lecer_06062015_ocioenVigo_07_atlantico