Dissidia Final Fantasy NT

Para todos os amantes de Final Fantasy vai este videoxogo: trata dunha batalla entre todos os personaxes da saga, que son invocados nun mundo en discordia entre dúas divindades, Materia e Spiritus, que están en guerra. Pouco a pouco danse conta de que a deterioración do mundo non é pola guerra entre eles dous, senón polo devoramundos Shinryu. Pódese xogar online e en grupos; para isto só tes que invitar os teus amigos e xogades batallas 3 vs 3; pode ser coperativo ou loitando contra o teu amigo xunto a dous personaxes controlados pola IA (Intelixencia Artificial). Tamén é posible xogar en solitario, é decir, agardar a que os servidores do xogo te emparellen con outras persoas aleatoriamente. Outra opción é facer o xogo local en equipos de tres contra a IA. Pódese loitar contra as invocacións características da saga: Ifrit, Shiva, Lamú, Odín, Leviatán, Alejandro e Bahamut. O xogo ten dous idiomas para as voces, xaponés e inglés, e moitos máis para os subtítulos.

Resultado de imagen de dissidia final fantasy nt

Resultado de imagen de dissidia final fantasy nt GUERREROS

Fonte das imaxes: Google.

Marco Dopazo (2º C)