Día de Rosalía

O alumnado do instituto Carlos Casares quixo conmemorar o día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro, manifestándose. Foi unha actividade que propuxo a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, na que a través dos versos de Rosalía se retratasen as desigualdades que hai no mundo. Un dos propósitos era demostrar como despois de case dous séculos, segue habendo as mesmas desigualdades ca no tempo da escritora, unhas máis notables ca outras. Os versos de Rosalía reflicten a actualidade, son atemporais e universais.

O lema da manifestación foi “Libre o meu Pensamento”. Velaquí o vídeo

Irene Jardón, 2ºC