No Día de Rosalía, abrimos a fiestra!

Nenas representantes de todos os cursos do noso IES protagonizan a lectura conmemorativa do Día de Rosalía. Segundo a petición da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, confeccionamos esta pequena peza audiovisual ideada a partir do manifesto de María Reimóndez e a obra de Rosalía de Castro.