Día da Constitución Española

Mañá martes, 6 de decembro, conmemórase a Constitución Española, que foi aprobada no ano 1978.

O 31 de outubro do 78 os plenos do Congreso dos Deputados e do Senado aprobaron o Proxecto de Constitución. De acordo coa lexislación vixente daquela o documento debería ser aprobado polo pobo, xa que era o principal afectado pola Constitución. Finalmente, o 6 de decembro dese ano a poboación foi ás urnas para votar libremente en referéndum. O documento foi aprobado por unha ampla maioría (87,78 %); moi pouca xente votara non. Por este motivo esa é a data escollida para conmemorar o Día da Constitución. Despois do referéndum a Constitución foi sancionada polo rey de España o 27 de decembro e publicada no BOE o día 29 do mesmo mes, data dende a cal está vixente.

Despois da morte do ditador Franco e dun período marcado pola falla de liberdade, a Consticuión trouxo varias novidades, entre as que se poden destacar as seguintes: utilizar como sistema político a monarquía parlamentaria, votar os políticos, recoñecer as autonomías, a liberdade de expresión por parte da poboación, etc.

images-2