A semana pasada foi o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o cal se vén conmemorando dende 1964, aínda que non foi recoñecido oficialmente pola UNESCO ata 1993. A data escollida foi o 30 de xaneiro, día da morte de Gandhi, quen loitou pola igualdade entre brancos e afroamericanos en Suráfrica, polo respecto cara aos indios nese país, polo fin do colonialismo británico na India e pola convivencia relixiosa entre musulmáns e hindús. Morreu asasinado por un radical hindú.
Este día conmemórase co obxectivo de fortalecer e lembrar as ideas da paz entre tódolos pobos da Terra, fomentando valores como a tolerancia, a axuda aos refuxiados/as e a loita contra a discriminación de calquera tipo.
Moitas persoas traballan na busca da paz e para recoñecer o seu traballo entrégase cada ano o premio Nobel da Paz. Estas son as últimas persoas que o gañaron: Campaña Internacional para Abolir las Armas Nucleares (2017) / Juan Manuel Santos (2016) / Cuarteto para el Diálogo Nacional Tunecino (2015) / Malala Yousafzai (2014) / Kailash Satyarthi (2014) / Organización para la Prohibición de las Armas Químicas (2013) / Unión Europea (2012) / Leymah Gbowee, Ellen Johnson-Sirleaf e Tawakkul Karman (2011) / Liu Xiaobo (2010) / Barack Obama (2009).