Todo o alumnado de 3° participou nunhas probas para seleccionar os finalistas: dous que conseguiran escribir o maior número de palabras ditadas en inglés correctamente. O resto do alumnado puideron ir animalos á final, no cine Salesianos.
O día da final, os seleccionados tivemos que chegar ás 16:30 h. Unha vez alí, asignarónnos unha identificación. A directora da academia de inglés, patrocinadora do concurso, explicounos en que consistía cada rolda e os premios que se concederían. Despois, mandáronnos subir ao escenario para as fotos e para a asignación de asentos. Estaban alí uns reporteiros de TeleVigo, que nos fixeron preguntas sobre o concurso.
Ás 17:30 h. chegou o público, entre eles os profesores de inglés de 3° e algúns compañeiros de clase. Cando deu comezo o concurso, os presentadores explicaron en inglés e en castelán en que consistía. Primeiro concursaron os finalistas de 5°, aí decatámonos do moito que inflúe a sorte nos concursos: había moita diferenza entre a dificultade das palabras. Cando remataron, uns alumnos do Colexio Salesianos cantaron unha versión da canción “The lazy song”, de Bruno Mars. Finalmente participamos os de 3° de ESO. A verdade é que nigún dos finalistas do noso instituto tivemos moita sorte, elimináronos aos dous na primeira rolda. A experiencia serviunos para aprender novas palabras. No remate tivo lugar a entrega de medallas a todos os finalistas, tanto de 5° de primaria coma de 3° da ESO.
Aos 7 que chegaron ata a cuarta rolda agasalláronos cuns MP3 e aos 3 gañadores con diversos premios, o primeiro: unha estadía de balde en Canadá durante o mes de xullo. Cando rematou o concurso todos os participantes tivemos uns premios: vales desconto nunha óptica, no Corner Hut… Para rematar, unha das fillas da directora da academia que patrocinaba o Spelling Bee deleitounos cantando “All of me”, de John Legend.
O concurso foi unha moi boa experiencia para aprender palabras en inglés, e estaría ben que nos seguintes anos seguisen participando alumnos do instituto. Tamén que os que non quedasen finalistas acudisen a velo, resulta agradable e ademais animarían aos participantes.
TEXTO: Eneritz / FOTOS: Albor English