Conmemorando o Día internacional dos Dereitos Humanos

O noso alumnado de 1º ESO C e 4º ESO C fai unha exposición do seu traballo nas materias de Valores Éticos e Ética, respectivamente.

O alumnado de 1º C realizou un mapa mundial onde mostran as violacións á maioría dos artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos, estas violacións foron determinantes para propiciar ou agudizar moitas das crises de hoxe. Segundo Kenneth Roth (director executivo da Human Rights Watch), protexer os dereitos humanos e asegurar a rendición de contas democráticas son condicións clave para superar estes contextos de crise.

Tamén realizaron unha pirámide de tres lados coa orixe temporal desta Declaración Universal e a inclusión de tres rodas que vinculan os trinta artigos á Historia da Arte. Invitan a pisar un paso de peóns coas súas intencións cara á consecución destes dereitos fundamentais.

O alumndo de 4º C dedica o seu mural a Tawakkul Karman (“Muller de ferro”, “Nai da Revolución”), activista iemení a prol dos Dereitos Humanos.

[wzslider]