De visita ao Santa Irene

O pasado martes 12 de marzo o alumnado de 2º ESO  fomos de visita ao IES Santa Irene onde está a nosa antiga profesora de galego Bea. Non fomos só para visitala senón que íamos para contralle a nosa experiencias ao seu alumnado  de 1ºESO. Tivemos que explicarlles como fixemos nós os contacontos pois eles vanos facer este ano por primeira vez.

Por parellas fómoslles explicando como prepararamos os contos, os pasos que había que seguir e sobre todo as experiencias persoais de cada un.

A nós gustounos moito contárllelo e eles tamén o pasaron moi ben escoitándonos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Carla Cruz 2ºB