Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar

O pasado mércores 3 de abril, o alumnado de Sociedade Inclusiva de 2º da ESO e de 1º da ESO, foron o IES Ricardo Mella para visitar a exposición A importancia da muller no mar. Esta actividade forma parte do proxecto Donas de si no que participamos tres centros (o terceiro é o IES Politécnico de Vigo).

Ao chegar ensináronnos uns paneis onde explicaban o traballo da muller no mar desde o pasado ata o presente. A exposición trataba sobre os traballos e a vida das mulleres nas fábricas de conservas ou como evolucionaron as condicións de vida das mariscadoras.

A actividade rematouse co visionado duns videos onde unha pescadora, explicaba como era a súa vida traballando no mar.

Fabiola Viñas 2ºC