Exposición “Somos Creativos” na Cidade da Cultura en Santiago

O venres 22 de marzo, o alumnado do Obradoiro de Expresión Plástica, Visual e Audiovisual de 2º de ESO realizou unha achegámonos á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para visitar a exposición Somos Creativos de todos os traballos realizados polo alumnado dos centros Ano I de ER da Fundación Botín en colaboración coa nosa Consellería. A experiencia alí foi fermosísima pola beleza dos seus edificios de arquitectura moderna. Ademais de que tiñan un pequeno lago moi fermoso no exterior do edificio.

Este foi o primeiro ano no que participamos cos demais centros no proxecto de Educación Responsable, Somos Creativos, co noso refuxio sensorial, chamado Árbore de Nadal. O traballo consistía en recoller diversas texturas en plastilina de obxectos que tivesen vinculación emocional con nós e as nosas respectivas familias. Para que as texturas non fosen efímeras fixemos moldes delas con xeso. A seguinte tarefa foi emular a obra da artista Cristina Iglesias e facer coas noss texturas en xeso una obra colectiva para colocar nun lugar do noso centro ben visible. Realizamos unha obra composta por unhas tanzas colgadas dun só punto que contiñan as nosas texturas e caían en forma de árbore de Nadal. As tanzas caían ata uns palés de madeira, que debaixo tiñan uns focos de luces de cores que semellaban o noso estado de ánimo e proxectaban as sombras das nosa texturas no teito.

Velaquí o vídeo do proceso.

Carla Cruz e Irene Jardón 2º ESO