De viaxe por Santiago

O día 25 de xaneiro o alumnado de 2º de ESO fomos de excursión a Santiago de Compostela, ó Auditorio de Galicia, a ver unha obra de teatro de expresión corporal do grupo Dúas. A obra titulábase Todo é percusión e nela unhas actrices facían percusión con cousas da vida cotiá, como a vaixela, paus, un xornal, un ferro de pasar, un caldeiro do lixo ou bebidas mentres interpretaban a catro mulleres que vivían nun apartamento.

Na volta cara a Vigo paramos na casa de Rosalía de Castro en Padrón. Alí tivemos unha charla sobre a vida de Rosalía, na que fixeron unha comparación entre a súa casa orixinal e a reformada, e tamén nos deron unha volta pola finca da casa.

Escrito por Lucía Alonso e Saúl Lago.