De roteiro literario por Vigo

Neste primeiro trimestre o alumnado de 3ºESO do noso centro tivo como lectura obrigatoria de galego a obra Tes ata as dez, e con tal motivo  acudiron  a un roteiro literario por Vigo acompañados do autor, Francisco Castro.

Realizaron un percorrido de 1,4 Km. visitando diferentes lugares nos que o autor imaxinaba que transcorría a historia.

A primeira parada foi na Praza da Constitución, alí estaba situada a casa da amante do pai do protagonista, Gloria. A segunda parada foi no colexio oficial de arquitectos de Vigo, na sede do antigo xornal: El Pueblo Gallego, no que Francisco Castro imaxinou a sede do Eco de Vigo, o periódico do pai do protagonista. Un pouco máis lonxe deron co lugar onde se desenvolvía a maioría da infancia do protagonista, o antigo logal da churrería Bonilla. Seguidamente, acudiron á Praza de Compostela, onde se localiza a notaría, fundamental na historia. A continuación, camiñaron ata a rúa Luís Taboada, onde, segundo a historia, había unha imprenta chamada Vailima e dirixida por Gloria. Despois, visitaron a estatua de Xulio Verne, no Náutico, onde o pai do protagonista lle deixaba a pista para resolver o misterio. Para culminar o roteiro, chegaron á Casa do Libro, alí o autor respondeu as preguntas dos alumnos, que querían, impacientemente, resolver as súas dúbidas sobre o libro.

[wzslider]

Texto: Antía e Vanja