Convocados os XVIII Premios Carlos Casares

XVIII PREMIOS CARLOS CASARES. IES CARLOS CASARES de Vigo

300 € en PREMIOS

BASES

1. PARTICIPACIÓN: Poderán participar todas as alumnas e alumnos do centro. Os traballos presentados deben ser orixinais e inéditos e a lingua utilizada debe ser a galega. Valorarase especialmente que os traballos se inspiren ou teñan relación con algún aspecto da vida, obra literaria, ensaísitica ou labor editorial de Carlos Casares.

2. MODALIDADES:

A) Colaboración literaria: Prosa: relatos, peciñas teatrais. Verso: poemas. Artigos: de fondo, de opinión, comentarios de noticias…

B) Traballos monográficos de investigación: científicos, tecnolóxicos…

C) Colaboración gráfica: Ilustración: debuxos, cómic, caricatura…

D) Fotografía e curtametraxes.

3 . PRESENTACIÓN: Os traballos deberán ser presentados en sobre grande, sen sinatura, e no exterior figurará un pseudónimo ou lema, así como a modalidade á cal se presentan. Dentro do sobre grande irá tamén un sobre pequeño pechado, que conteña no seu interior os datos da autora ou autor (nome completo e curso); no seu exterior figurará o mesmo pseudónimo ou lema que no sobre grande. Non se admiten traballos de texto manuscritos, deberán ser presentados impresos ou en formato dixital na urna situada no vestíbulo do centro. As curtametraxes non deberán ter unha duración superior aos 10 minutos.

4. PRAZO DE ENTREGA: Rematará o VENRES, 5 DE MAIO DE 2017

5. PREMIOS: Concederase un PRIMEIRO PREMIO de 50 € e un ACCÉSIT de 25 € por cada modalidade.

6. XURADO: Estará composto por tres profesores, dúas alumnas e dous alumnos do centro.

7. FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS: O fallo do xurado darase a coñecer no mes de maio, durante a semana das Letras Galegas (entre o 15 e o 19 de maio). Os traballos galardoados serán publicados na Revista Escolar (www.revistamandacarallo.com). A data de entrega de premios farase pública con antelación. Se o xurado considerase que os traballos presentados en calquera das modalidades non alcanzan a calidade suficiente, os premios poderán ser declarados desertos.

O CONSELLO DE REDACCIÓN