O noso Contacontos

O alumnado de 1º da ESO da materia de proxecto rematamos de expoñer os traballos en forma de Contacontos os días 28, 29 e 30 de maio. Fomos ás aulas infantil e primeiro e segundo de primaria, e era incrible ver ás caras dos peques  alucinados! Representamos os seguintes contos: O Pergamiño Vindel e A fada e o dragón (dentro do programa de innovación en dinamización lingüística do Plan Proxecta), Un Cachiño de Bica, O Cataventos, Mar Adiante, Leonardo e os fontaneiros e Xa non teño medo, todos eles de María Victoria Moreno, nos coles Igrexa Candeán, Carballal_Cabral, Santa Mariña de Cabral, Chans Bembrive e Mallón de Nigán.

Tamén, xa o día 4, levamos os contos aos nenos e nenas do hospital Álbaro Cunqueiro para que a súa estadía no hospital fose máis levadía. Invitáronnos ao hospital a asociación Bicos de Papel. Voluntarios desta asociación viñeron previamente a dar unha charla sobre o que nos encontraríamos alí e o que poderían ser as nosas primeiras impresións, ademais de explicarnos a qué se dedica a organización e aclarar dúbidas que tiñamos sobre o cancro infantil. Ademais, déronnos unha camiseta de Bicos de Papel gratis, para levar ao hospital.  Ao rematar, voltamos ao intituto bastante cansos e cansas, pero tamén con moita satisfacción!

A todos os nenos e nenas encantáronlles os contos, e nós pasámolo moi ben.

Deixamos un par de vídeos das nosas actuacións.

Irene Jardón.1º de ESO C