Historias dobradas

O anterior venres o noso instituto recibiu a visita de dúas mulleres que nos ían contar varios contos en diferentes idiomas. A peculiaridade deste dúo era que unha delas contaba un conto en inglés e Charo Pita o traducía ao galego. Relataron contos tradicionais de todas as partes do mundo cun entusiasmo e un ímpetu dignos de admirar; todos os alumnos quedamos absolutamente impresionados coa súa dedicación. Esta actividade tan entretida foi organizada polos departamentos de inglés e galego para que nos familiaricemos con estas linguas e cun xénero tan popular como o do conto, e tamén para que pasásemos un bo rato coas historias tan disparatadas que nos contaron. Algunhas das que máis nos chamaron a atención foron:

  • O que trataba dun home que quería atopar a súa sorte e non a vía a pesar de que a tiña diante do nariz.
  • Outro que trataba de dous mozos, un guerreiro e un mago, que amaban a mesma muller. Ela decidiuse por un e, uns días despois, por accidente, a cabeza do mago acabou no corpo do guerreiro, e a cabeza do guerreiro no corpo do mago. Foron moi divertidas as nosas propostas de cal era o seu home.

A continuación deixámosvos algunhas fotos do que foi o contacontos:

IMG-20171119-WA0002

IMG-20171120-WA0001

Kevin Pérez e Daniel Bugallo