Conmemoramos o Día da Ilustración

O día da Ilustración visitounos Federico Fernández, unha desas persoas que dedica a súa vida a contar historias a través de imaxes. É o ilustrador de libros como: Chibos, chibóns ou Onde perdeu a lúa o riso. Dende logo  foi un día inesquecible. Contounos a historia da Ilustración, dende o seu comezo ata o día de hoxe. Ademais tivemos a sorte de poder ver os seus bocexos, traballos xa publicados e traballos que axiña sairán á luz. Amosounos tamén algunhas técnicas de ilustración que non coñeciamos. Estámoslle moi agradecidos por mostrarnos a outra cara da Ilustración, a do traballo que non vemos. Agora vemos e valoramos doutro xeito o traballo destes artistas.

Texto: Helena e Laura.