CON SUMO RESPECTO

No noso centro traballamos co Álbum ilustrado como elemento transmisor de valores. Valores arredor dos que se deseña a nosa programación de actividades transversais e complementarias de centro, como piar da nosa organización e funcionamento: solidariedade, compromiso, identidade, responsabilidade, tolerancia e respecto, igualdade e xustiza, conciencia cívica de sociedade  participativa e democrática.

Concebimos o proxecto como ferramenta de desenvolvemento da comprensión lectora e lectura de imaxes (alfabetización visual) de maneira un tanto lúdica para o alumnado de 1º da ESO, ensinando valores a través das historias que formulamos.

A través de dous personaxes, de distinto sexo pero que aparentemente non posúen diferenzas,  falamos da amizade desde o respecto e a tolerancia. Leremos nas imaxes o respecto polo medioambiente, a empatía e a aceptación de diferenzas.

TEXTO: Vanja Veiga / FOTOS & VÍDEO: Almudena Lacomba