Comeza un novo número de Manda Carallo. Benvidos ao número 30 da nosa revista.

Comezamos o novo curso 19/20 coa mesma ilusión de sempre, moitos novos membros no Consello de redacción e as seguintes novidades no noso IES:

Temos novo Equipo directivo, moita sorte ás catro!

Estamos no Ano II de Educación Responsable da Fundación Botín,  programa en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de Cantabria que favorece o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas, promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros escolares a partir do traballo con docentes, alumnado e familias. Traballaremos Reflexarte (Almudena L. nas aulas 2º de ESO, Obradoiro de expresión plástica, visual e audiovisual) Literatura, emocións e creatividade (Carolina co alumnado de 1º de ESO A, Felisa co alumnado de 2º de ESO B e Almudena L. co alumnado de 1º de ESO C) O Coro das emocións (Mariano nas aulas de música de 2º de ESO) e o banco de ferramentas que pretende: recoñecer e expresar emocións e ideas, desenvolver o autocontrol, aprender a tomar decisións responsables, valorar e coidar a súa saúde e  mellorar as súas habilidades sociais (Almudena L., Almudena R., Irene, Conchi, Cristina, Lilia e Pilar nas súas respectivas titorías e/ou aulas de valores éticos).

Este ano traballaremos en tres programas de Plan Proxecta da Consellería: Aprendo Programando ( alumnado de 2º de ESO da materia Programación) Clases sen fume (alumnado de 1º de ESO), MeteoEscolas (os grupos de 3º PMAR). Estes programas buscan  a motivación e o traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que desenvolvan as competencias clave e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Con respecto aos Contratos Programa (recursos proporcionados pola Administración necesarios para o desenvolvemento de proxectos realistas nos que participe a comunidade educativa e as institucións do contorno) traballaremos na acción 3: IGUÁLA-T, 4: CON-VIVE e 7: Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia (cuxo resultado final é a revista Manda Carallo).

Pilar Carro, profe de tecnoloxía e en representación dos docentes, seguirá nos Programas Europeos para facer visitas de observación a centros de referencia no espazo internacional sempre no marco das ferramentas STEAM. 

Consello de Redacción.