Club de Ciencias, día 4: non sexas ácido coa lombarda, que cambia de cor!

Utilizando o zume de lombarda como indicador de ácidos obtivemos unha tonalidade diferente para cada un deles.

Nesta vez, Cristina e Almudena trouxeron unha lombarda. Resulta que o zume deste vexetal varía a súa cor ao mesturalo con diferentes ácidos: sulfúrico, acético…

Entón, por parellas, cortamos en anacos pequenos un pouco de lombarda para que fose máis sinxelo machucala co morteiro e obter o zume. Ademais, mesturámolo cun pouco de auga, para que fose máis fácil e houbese máis cantidade.

Machucando a lombarda

A continuación repartimos o zume en cinco vasos, para así poder ver a reacción deste a cinco substancias diferentes. Cando engadimos un ácido, a cor da lombarda tende a vermello, mentres que ao lle engadir unha base, transfórmase en azul (ou verde!).

No noso caso utilizamos zume de limón, ácido acético (de apodo vinagre), ácido sulfúrico e hidróxido de sodio (sendo esta a única base).

A parte do zume, tamén utilizamos outro indicador de acidez: unha cinta medidora de pH. Así, puidemos ver que as cores de ambos os indicadores eran moi semellantes. Ademais, a min parecéronme preciosas. A vós? Aquí tedes un vídeo:

Vídeo do experimento
As cores do zume e da cinta

E despois de lavar e recoller o material, como facemos siempre ao rematar cada actividade, voltamos á clase con algo novo aprendido!

Irene Jardón Castro, 1ºC bach.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará