Clases sen fume 2014/2015

FOT_DíaADía_13042015_ClasesSenFume_01_AlmudenaLaComba

Como todos os anos, 1º de ESO está a participar no proxecto “Clases sen fume” dentro do Plan Proxecta da Consellería.

Os tres grupos de primeiro de ESO concluíron a primeira parte da actividade, con cadanseu lema.  Traballaron o proxecto nas aulas de lingua galega, e como novidade, en francés, ilustrándoo nas clases de plástica.

Victoria, a responsable da Consellería de Sanidade, foi a encargada de achegarlles a información máis científica sobre o tema, a partir dunha charla lúdico-didáctica con cada un dos tres grupos.

Agora a seguir traballando cara á actividade creativa!!