Clases sen Fume

Nestes dous trimestres o alumnado de 1º da ESO participou no Plan Proxecta Clases sen Fume. O traballo realizado consistiu na invención dun lema acompañado dunha representación gráfica contra o consumo de tabaco.

O programa ten como fin evitar que comecemos a fumar ou ben, se xa o fixemos, que deixemos o tabaco antes de que nos enganche. Moitos rapaces comezan a fumar aos once anos e aos catorce xa son adictos.

A aula do slogan gañador levará un premio colectivo, unha estadía nun albergue cun programa multi-aventura! Pero para iso será necesario tomar a decisión de non fumar: nós somos máis fortes ca o tabaco e decidimos o que queremos facer!

no-smoking-1444886

Ademais, tivemos unha charla con Victoria, unha experta en drogodependencias da Conselleria de Sanidade. Falounos das substancias que contén o trabaco, do cigarro electrónico, do que causa, e fíxolle a parte do alumnado unha proba chamada coximetría, que mide o nivel de monóxido de carbono que se ten nos pulmóns.

O alumnado de 1º A da ESO, participa no Proxecta cun lema que dice: “Non te conectes”. A este lema acompáñao un debuxo que amosa un ordenador e un USB, que ten forma de cigarro. Na pantalla do ordenador hai un texto que di así: “Se continúa sen analizar, pode danar o teu cerebro.”

Por outra banda, a clase de 1º B fixo uns musical.lys (vídeos con xestos acompañados de música) cunha canción contra o tabaco. Esta actividade vai acompañada co lema: “Non por postureo”.

E por último, temos a clase de 1º C, que fixo unha conta de Instagram chamada “pitipitillo”, con malos comentarios doutra xente sobre o tabaco, e ilustrárono co lema: “Non comeces a seguilo”. Como se pode observar, o proxecto xoga coas novas tecnoloxías.

Irene Jardón e Fabiola Viñas 1º C