Cinensino

O pasado día 30 de abril o alumnado de 1º da ESO foi ver ao cine Salesianos o filme Unha bolsa de canicas, baseada nunha historia real, que conta a vida dun neno xudeu, que ten que abandonar a súa cidade, París, para viaxar ata Italia cun dos seus irmáns maiores, para fuxir dos alemáns. Ao chegar alí, terán que marchar de novo, xa que tampouco estarán seguros.

Nesta 3ª sesión, o alumnado aprendeu que todos e todas temos os mesmos dereitos, independentemente da relixión que practiquemos. Tamén se quería ensinar a importancia que ten defendelos, e o necesarias que son as boas relacións familiares. A perseverancia é unha das ensinanzas deste filme, xa que sen esforzo e a constancia non se consegue nada.

‘Gustoume todo'( Xoán ) ‘Ao comezar a película parecía aburrida, pero íache enganchando pouco a pouco, encantoume’ ( Helena ) ‘gustoume moito, pero pareceume triste ‘ ( Víctor )

Eire Taboada Prieto 1º ESO B