Unha de cine

O alumnado de 1º de ESO participamos este curso no programa de educación en valores e educación para a saúde Cinensino 2018, unha actividade para centros de ensino organizada pola empresa Culturalia, iniciativas culturales y pedagógicas, S.L. O obxectivo de Cinensino é previr o consumo de alcohol e diferentes trastornos do comportamento e adiccións no ámbito escolar a través dos medios audiovisuais e as TIC. Por iso o pasado xoves 8 de maio fomos ao cine Salesianos para ver unha película, neste caso O profesor de violín. A película trataba sobre Laertes, un violinista moi bo que non fora admitido na Orquestra Sinfónica do Estado e que se puxo a dar clases nun colexio dunha favela moi pobre de Sâo Paulo (O Brasil), a de Heliópolis. Alí puido ver os problemas de delincuencia que había nas rúas e a morte dalgún personaxe, pero coa súa dedicación conseguiu estimular a inclusión social e cultural dos mozos do barrio.

A película está inspirada na vida do mestre brasileiro Silvio Baccarelli, quen nos anos 90 creou unha escola para axudar aos nenos máis desfavorecidos desa favela. Grazas á música os rapaces sentíronse máis valorados e fixéronse máis tranquilos, máis creativos e máis comunicativos, e tamén as súas familias. Progresaron tanto que chegaron a fundar unha das orquestras máis importantes do Brasil, a Orquestra Sinfónica de Heliópolis.

Para nós esta actividade foi unha experiencia divertida e á vez conmovedora, fíxonos rir e chorar, xa que na película se mesturaban diferentes emocións: tristeza, alegría, medo, esperanza… A verdade é que nos emocionou e nos fixo rir.

IMG-20180508-WA0001

Irene Jardón e Fabiola Viñas (1º C)