Cíes poboada polo Carlos Casares.

O final de curso chega, e todos tiñamos xa ganas de deixar as aulas e pasar un día divertido na praia. Neste remate do curso, o Carlos Casares decide regresar ás turquesas praias das famosas illas Cíes, para pasar un día de relaxación e divesión na praia, e subindo ao faro… o que só ocorre cos alumnos de primeiro, xa que segundo da ESO e os demais cursos escaquéanse sen que os profesores se dean conta, ou si?

A praia de Rodas semellaba un formigueiro, chea de alumnos de diversos institutos pasando un bo día, e movéndose dun lado a outro celebrando a súa temporal liberdade.

De volta no barco, notábanse as expresións de cansazo do alumnado, as caras queimadas e a momentánea euforia agochada tras a fatiga e o esgotamento.

Aínda que todos regresamos mortos a casa, dende a miña vista persoal, cada viaxe ás premiadas illas é mellor, e canto máis estresado te atopes debido aos exames, mellor.

Esperamos que estas excursións sigan sendo sempre a este paraíso natural.

IMG_20150619_171005_EDIT

 

Texto: Antía Gago/Foto: Ruth Carrera