Dentro do Proxecto Querote+ desenvolveuse a siguinte actividade: Parte dos alumnos e alumnas de 3º ESO elaboraron un cuestionario sobre a autoestima durante as aulas …
Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000002762 StartFragment:0000000541 EndFragment:0000002746
O 24 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO acudimos a un relatorio dentro do programa das actividades correspondentes ao Proxecta Salvavidas. O tema, como non podía ser doutro xeito, era a importancia da Doazón de órganos e tecidos.
Durante esta sesión, os estudantes aprendemos moito sobre a importancia de ser doantes. Esta charla impartiuse cun obxectivo: motivar e concienciar á mocidade cara á doazón de órganos e de tecidos na súa idade adulta.
Escoitamos a Marta, unha enfermeira que coordina o proxecto e que nos ensinou gran cantidade de datos: a distribución dos órganos, as comunidades autónomas que máis doan, como debe ser a morte dunha persoa para que poida ser doante cadáver, que é o que se considera morte cerebral e insistiu en que o doante e a persoa que vai recibir o órgano, deben ser moi semellantes en: peso, idade, estatura, etc.
Ensináronnos o debuxo da gañadora do concurso “A vida, o mellor agasallo”, era unha alumna do noso centro, Laura Piñeiro. O debuxo era precioso e ía acompañado do lema “A túa vida pode dar máis de si”. Parabéns a Laura de 1º B.
Nesta actividade tamén escoitamos as experiencias vividas por persoas transplantadas de: pulmón, fígado e riles. Durante as súas intervencións aprendemos moito sobre o que che pode cambiar a vida un transplante, como eran as súas vidas antes e despois de ser transplantados, a ansiedade e o estrés ante a espera da chamada telefónica avisándoos da existencia dun doante… Todos eles fixéronnos reflexionar sobre as posibilidades de estarmos ante unha situación semellante, e sobre todo alertáronnos sobre as circunstancias que orixinaron o deterioro dos seus órganos: o tabaco ou as bebidas alcohólicas, todas elas causas que podemos evitar ao longo das nosas vidas.
En xeral foi unha charla moi interesante que nos abriu os ollos para que, nun futuro próximo, colaboremos e nos fagamos doantes de órganos e tecidos e a nosa vida “dea máis de si”.
Plan Proxecta
Booktrailer “Colorín colorete…”
Velaquí o Booktrailer dos minicontos que fixo o alumnado de 1º de ESO A para o programa Clases sen fume co lema “Colorín colorete, apaga …
1º de ESO A premiado en “Clases sen fume 2015”
1º de ESO A acada o segundo premio no programa “Clases sen fume”. Velaquí o vídeo que fixeron para merecer tal galardón.
Meteoroloxía en profundidade
Durante o mes de xuño pódese ver o traballo realizado polo alumnado de 2º de ESO C, 3º D e 4º de Física e …
Visita ao complexo medioambiental de Cerceda
O luns 20 de abril visitamos Sogama (Sociedade Galega de Medio Ambiente) en Cerceda. Vimos o complexo no que se xestionaban os residuos urbanos. …
Moitas actividades en Recíclate con Sogama
O IES Carlos Casares está a participar este curso académico na actividade do Plan Proxecta Recíclate con Sogama, no que participa fundamentalmente alumnado de 4º …
As rapazas achéganse ás TIC
A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia celebrou o xoves día 23 de abril na nosa capital, Santiago de Compostela, unha convención onde …
Traballando na meteoroloxía
Os alumnos de 2º ESO C participaron coa súa titora Ana Barcón nun proxecto dinámico que tivo como obxectivo involucrar aos alumnos/as no mundo da …

METEOESCOLAS: QUE CHOVA!
Os alumnos e alumnas de 3º de DIVER : Iria, Rebeca, Cristian, Lucia, Samuel e Junior, encargámonos este curso 2014-15 de facer medicións de distintas …
O IES Carlos Casares, un centro de premio
O noso IES á cabeza nas boas prácticas educativas do Plan Proxecta da Consellería. O Plan Proxecta (por terceiro ano consecutivo) é unha iniciativa …
Quérote, Salvavidas, Clases sen fume…O alumnado do IES inmerso no plan proxecta
Clases sen fume Un dos proxectos que ano a ano desenvolvemos no noso IES en 1º de ESO e, como todos sabedes, baséase na prevención …
Recíclate con Sogama, programa do Plan Proxecta
Terceiro e cuarto de ESO axuda a conservar o medio ambiente a través da reciclaxe O alumnado de 3º e 4º de ESO realiza esta …