Velaquí unha pequena mostra do traballo realizado nas aulas de educación plástica visual e audiovisual para o programa Quérote+ do Plan Proxecta deste curso.

A revista do IES Carlos Casares, Vigo
Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000002762 StartFragment:0000000541 EndFragment:0000002746
O 24 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO acudimos a un relatorio dentro do programa das actividades correspondentes ao Proxecta Salvavidas. O tema, como non podía ser doutro xeito, era a importancia da Doazón de órganos e tecidos.
Durante esta sesión, os estudantes aprendemos moito sobre a importancia de ser doantes. Esta charla impartiuse cun obxectivo: motivar e concienciar á mocidade cara á doazón de órganos e de tecidos na súa idade adulta.
Escoitamos a Marta, unha enfermeira que coordina o proxecto e que nos ensinou gran cantidade de datos: a distribución dos órganos, as comunidades autónomas que máis doan, como debe ser a morte dunha persoa para que poida ser doante cadáver, que é o que se considera morte cerebral e insistiu en que o doante e a persoa que vai recibir o órgano, deben ser moi semellantes en: peso, idade, estatura, etc.
Ensináronnos o debuxo da gañadora do concurso “A vida, o mellor agasallo”, era unha alumna do noso centro, Laura Piñeiro. O debuxo era precioso e ía acompañado do lema “A túa vida pode dar máis de si”. Parabéns a Laura de 1º B.
Nesta actividade tamén escoitamos as experiencias vividas por persoas transplantadas de: pulmón, fígado e riles. Durante as súas intervencións aprendemos moito sobre o que che pode cambiar a vida un transplante, como eran as súas vidas antes e despois de ser transplantados, a ansiedade e o estrés ante a espera da chamada telefónica avisándoos da existencia dun doante… Todos eles fixéronnos reflexionar sobre as posibilidades de estarmos ante unha situación semellante, e sobre todo alertáronnos sobre as circunstancias que orixinaron o deterioro dos seus órganos: o tabaco ou as bebidas alcohólicas, todas elas causas que podemos evitar ao longo das nosas vidas.
En xeral foi unha charla moi interesante que nos abriu os ollos para que, nun futuro próximo, colaboremos e nos fagamos doantes de órganos e tecidos e a nosa vida “dea máis de si”.
Velaquí unha pequena mostra do traballo realizado nas aulas de educación plástica visual e audiovisual para o programa Quérote+ do Plan Proxecta deste curso.
Neste curso o noso IES comeza a traballar coa programación no Scratch. Neste caso a alumnado de 1º de ESO B anima a ilustración realizada …
Este ano, os alumnos de 3º da ESO disfrutaron dun divertido taller sobre a dieta mediterránea e estilos de vida saudable, no noso laboratorio de …
Nas aulas de Valores éticos e no marco do programa Quérote+ do Plan Proxecta, o alumnado de 3ºB e C traballou no coñecemento de si …
O 24 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO acudimos a un relatorio dentro do programa das actividades correspondentes ao Proxecta …
Este ano, coma noutros anteriores, os alumnos de 3º de ESO participamos en Quérote+ do Plan Proxecta. Este proxecto engloba diferentes temas como a autoestima …
O alumnado de 3º ESO dos grupos B e C, coa axuda das profesoras Pilar Carro, Almudena Rouco, Fernando Fuentes e Almudena Lacomba, participou no …
No noso IES, desde o curso 2007/8, encargámonos de promover a doazón de órganos, realizando unha serie de actividades encamiñadas á sensibilización do noso alumnado …
No proxecto Salvavidas do curso 2015/16 quixemos manternos informados de todo o que acontecía de cara á doazón e transplantes na nosa Comunidade Autónoma e …
Un ano máis traballamos neste proxecto no que adquirimos o compromiso de non fumar. Velaquí a actividade creativa realizada por 1º de ESO C, dirixida …
Velaquí o video que fixemos para amosar a perigosidade dos accesos ao noso centro, para o alumnado de Bacharelato que non teñen dereito ao bus …
Pois bastantes cousas… De momento comezamos o curso con materias novas como o Proxecto Integrado para 1º de ESO, os Valores éticos (como alternativa á …