Carta ao director

Estimado señor director:

Nesta carta, queremos tratar varios aspectos do ámbito diario do noso centro, que nos parecen inxustos para o alumnado, e que solicitamos se nos atende para realizar as modificacións necesarias.

En primeiro lugar, queremos formular o tema da falta de distintos elementos nos servizos. Estes son uns lugares que en teoría, deben estar limpos e saneados, mais non é así. Moitas veces o retrete esta lixoso, tamén as paredes e o chan. Isto non é só culpa do servizo de limpeza do instituto, tamén da falta de esixencia de hixiene por parte do alumnado. Ademais, outro tema que nos parece vergonzoso e que para ir ao servizo, teñamos que pasar primeiro por conserxería para coller papel hixiénico, ou que despois de utilizar estes, non teñamos xabón nin papel para secar as mans. Opinamos que debería haber depósitos de papel e xabón, para o uso dos mesmos .

En segundo lugar queremos expresar a noso desacordo coa nova disposición na aula. Nos, como alumnas de 2ºC, parécenos que o novo método de separación individual nas aulas non tivo en conta os posibles inconvenientes que teñen os alumnos e alumnas para ver ben o encerado. Ademais, xa nos encontramos con varios profesores aos que lles custa camiñar pola aula e na nosa opinión, esta parece un zulo.

Por último, queremos engadir que percibimos faltas de respecto dalguns membros do profesorado cara algúns alumnos ou alumnas en canto á súa vestimenta. Na nosa opinion, cada un viste como quere (sen excederse das normas), segundo os seus gustos, en cantos a diferencias de xénero…

Estes son os nosos problemas que esperamos se teñan en conta e se solucionen.

Atentamente un saúdo.

O alumnado de 2ºESOC.