CARLA de 2ºA gaña o premio “Convida a Hans Christian Andersen”

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións ASOCIACIÓN GALEGA GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (GÁLIX) e o Consejo General del Libro Infantil y Juvenil e Galtzagorri Elkartea convocaron o concurso “Convida a Hans Christian Andersen”. O concurso  consistía en  crear unha tarxeta postal que amosase, por un lado, un curruncho, un espazo, un monumento, unha escultura, unha paisaxe… da localidade na que vivimos e polo outro, un breve texto no que se invitase a  HANS CHRISTIAN ANDERSEN a visitalo e onde se explicase o motivo polo cal escollemos ese lugar.

 

Carla Rodríguez Pérez recibe o 23 de Decembro os seus primeiros e anticipados agasallos de Nadal da man do secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo e do presidente de Gálix (Asociación galega do Libro Infantil e Xuvenil), Francisco Catro. O acto de entrega do premio realízase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 

No acto deuse a coñecer o libro Choven palabras no futuro que conmemora os 25 anos de Gálix. Na súa creación participaron 25 autores e autoras relevantes na nosa literatura infantil e xuvenil como Xosé A. Perozo, Fina Casalderrey, Paula Carballeira, Marilar Aleixandre, María Solar, Antonio Seijas, Anxo Fariña ou Antonio Manuel Fraga Allegue.

FOT_novidades_23122014_Carla Premio_01_almudena_EDIT           FOT_novidades_23122014_Carla Premio_02_almudena_EDIT

 

 

 

TEXTO: Lucía Pérez / FOTOS: Lucía Pérez