Call of Duty World War 2

O Call of Duty World War II é un videoxogo que trata sobre a Segunda Guerra Mundial. Este videoxogo ten diferentes modos:

A campaña: esta trata sobre un militar que comeza a entrar en combate no desembarco de Normandía. A este militar acompáñao o exército estadounidense. Este recluta comeza a conquistar cos seus compañeiros a parte do norte de Europa que estaba baixo o control dos nazis. Ao cabo de moitas batallas, os estadounidenses teñen que facer fronte a unha gran batalla: A BATALLA DO RIN. Esta foi unha batalla moi importante, xa que axudou ás forzas estadounidense e rusas. O feito de que a gañaran foi algo positivo para a guerra.

Zombis: este é un modo de xogo que trata sobre zombis. Nel unha serie de personaxes teñen que matar os zombis para sobrevivir. Neste modo de xogo hai unha serie de “easter eggs”, unhas misions nas que é preciso conseguir materiais ou obxectos. Unha vez realizadas todas estas misións, xa se pasa o xogo. Iso si, despois de acabalo, se che gustou moito, podes volver xogar. Pero coidado, que dan medo!

Multixogador: é o modo máis utilizado polos xogadores. Aquí xógase con persoas de todas as partes do mundo e aparecen unha variedade de mapas que se escollen por votación. No multixogador hai moitos tipos de xogos, pero o principal é DUELO POR EQUIPOS. Ademais, hai tamén as opcións “todos contra todos”, “xogo de armas” e outras. E aínda hai algo mellor! Podes personalizar o teu personaxe!

Resultado de imagen de fotos de call of duty ww2