Body Painting

María Alonso rompe co monótono e decide pintar o corpo para amosar o Body Painting.

A pintura corporal é a arte de pintarse. Xa dende a prehistoria os nosos antepasados utilizaban para pintar pigmentos naturais. Tamén foron utilizadas polas civilizacións máis antigas: permitíalles cambiar de identidade, como camuflaxe, sinalar a entrada nun novo estado ou grupo social, definir unha posición ritual, reafirmar a filiación a unha comunidade determinada ou servir sinxelamente de ornamento. Estas pinturas foron utilizadas principalmente como rituais.

Tradicionalmente, utilizaban achiote, huito ou carbón de leña húmida para decorar as súas caras e corpos. O huito é semi-permanente, duraba varias semanas ata que esa tinxidura negra desaparecía.

Actores e pallasos de todo o mundo pintaron o seus rostros e corpos durante séculos, e continúan facéndoo hoxe en día.

Agora no século XXI esta moda volveu xurdir dunha maneira moito más peculiar e orixinal: o corpo humano volve ás súas orixes na busca doutros métodos e aspectos como o trompe l´oeil (técnica que pretende enganar o ollo), utlízase no body painting (chamado agora pintarse o corpo) ou para recrear partes de animais, debuxos estilo henna. Todo é posible coa imaxinación.

Eu, María Alonso Fernández, alumna de  2º ESO A neste centro, inspireime no pensamento diverxente, sen seguir ningún tipo de pauta normal e como reinvindicación contra as modas sociais e contra o cotián. Rachando coa moda da arte baseada nunha estrutura fixa,  cambiándoa e utilizando o noso corpo como lienzo, expoñéndoo ao poder da imaxinación e da  liberdade para amosar o funcionamento do body painting.  Pinteime con partes de animais, natureza, burbullas, máquinas e algo tan abstracto como as manchas.

Esta moda é moi recente pero tamén se espallou rápidamente a través da  publicidade e de múltiples fotografías,  nas que se engana o cerebro e a súa maneira de xulgar o real e o pintado.

FOT_lecer_11052015_PinturaCorporal_02_AnaGarcía_EDIT

 

TEXTO: María Alonso, Ana García/ FOTOS: Ana García