De novo no centro

Como todos os anos, o equipo directivo do centro organizou unha reunión co noso antigo alumnado para comentar cos estudantes que están cursando o bacharelato a súa experiencia nestes últimos anos. Nesta charla o exalumnado comentou as súas primeiras vivencias fóra do ámbito escolar do instituto, e as vantaxes e os inconvenientes de pasar á vida dos adultos. Un dos comentarios que sorprendeu foi que a maioría dos alumnos estudan algunha enxeñaría e que poucos foron pola opción de letras.

Autores: Manuel Trincado, Kevin Pérez, Daniel Bugallo e Pablo Fernández