O deporte no noso centro

O alumnado de 4º da ESO tivo unha iniciativa peculiar, xa que o ano pasado se realizou un torneo de fútbol, este ano para fomentar a diversidade deportiva, organizouse o primeiro torneo de baloncesto da historia do centro.

Os organizadores lograron recadar cartos, a través de patrocinadores do evento (que posteriormente mencionaremos) para mercar redes novas para as canastras e mais aperitivos e auga para que os nosos competidores gocen mellor da experiencia.
Este evento puido realizarse grazas a aportación económica do departamento de Dinamización Lingüística e catro patrocinadores que asumiron os custos da promoción e organización do torneo.

Os patrocinadores son:
-Maite Férnandez
-María Soledad Relloso
-Ana Fontenla
-Carlos Bartolomé

Os equipos participantes son:
-Os Pimpines
-Os Lucho Lakers
-O Dream Team
-Os Frutos Amos
-O Team Redtube

Por Daniel Bugallo e Manuel Trincado 4ºESO