1. PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as alumnas e alumnos do centro. Os traballos presentados deben ser orixinais e inéditos e a lingua utilizada debe ser a galega.
2. MODALIDADES
A) Colaboración literaria. Prosa: relatos, peciñas teatrais. Verso: poemas. Artigos: de fondo, de opinión, comentarios de noticias…
B) Traballos monográficos de investigación: científicos, tecnolóxicos…
C) Colaboración gráfica. Ilustración: debuxos, cómic, caricatura…
D) Fotografía e Curtametraxes
3. PRESENTACIÓN
Os traballos deberán ser presentados en sobre grande, sen sinatura, e no exterior figurará un pseudónimo ou lema así como a modalidade á cal se presentan. Dentro do sobre grande irá tamén un sobre pequeno pechado, que conteña no seu interior os datos da autora ou autor (nome completo e curso); no seu exterior figurará o mesmo pseudónimo ou lema que no sobre grande. Non se admiten traballos de texto manuscritos, deberán ser presentados impresos en formato dixital e acompañados dos disquetes/CD correspondentes e que conteñan tamén pseudónimo ou lema. Os traballos entregaranse na Secretaría Administrativa do centro. As curtametraxes non deberán ter unha duración superior aos 10 minutos.
4. PRAZO DE ENTREGA
Rematará o xoves 30 de abril de 2015.
5.- PREMIOS
Concederase un primeiro premio de 50 € e un accésit de 25 € por cada modalidade. Son en total 300€ en premios.
6.- XURADOS
Estarán compostos por tres profesores, dúas alumnas e dous alumnos do centro.
7. FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS
O fallo darase a coñecer no mes de maio xunto coa entrega de premios. Ambos os dous terán lugar o mesmo día da presentación do número 25 da nosa revista, onde xa sairán publicados os traballos galardoados deste concurso. A data farase pública con antelación. Se o xurado considerase que os traballos presentados en calquera das modalidades non alcanzan a calidade suficiente, os premios poderán ser declarados desertos.