Anabel Abalde entre bambalinas

A danza ou o baile é unha arte onde se utiliza o movemento corporal xeralmente con música, como unha forma de expresión e de interacción social

Bambalina é unha escola de baile que buscar ensinar e formar no campo da danza e todas as súas disciplinas creando un espazo de comunicación, relación e entretemento para o alumnado. Este curso cumpre nada máis e nadas menos que 15 anos!!!!!

Traballan moitos estilos diferentes: clásico (Ballet), moderno, contemporáneo, hip hop, funky, bailes de salón e ritmos latinos, pole dance, break…

A escola ten unhas profesoras estupendas. A unha delas, Anabel Abalde, ex alumna do noso centro, fixémoslle unha entrevista.

Alba García e Ana Redondo. 1º de ESO C

Tags: × ×