Aula de Enerxía

O alumnado de 3º ESO, durante os primeiros días deste curso, participou nunha “Aula de Enerxía” de Iberdrola, unha das compañías de Gas Natural máis importantes de España. Un minibús situado no Naútico de Vigo esperounos para desenvolver un programa educativo que ten coma obxectivo mostrar aos escolares e á poboación en xeral, as características das distintas enerxías renovables existentes na actualidade, así como as consecuencias que se derivan da súa obtención e do seu transporte.
Había dous monitores que nos informaron dos inconvenientes das enerxías que se esgotan, coma o petróleo e da contaminación que supón a súa utilización. Ademais, animáronnos a intentar utilizar menos electricidade e déronnos pequenos consellos ou trucos para conseguilo. Logo de darnos unha charla tocando todos estes aspectos, puxéronnos un vídeo en 3D relacionado coas enerxías renovables das que dispón na actualidade Iberdrola. Para facer este programa máis didáctico, fixemos un test para valorar o aprendido e xogamos nos ordenadores que estaban no minibús.
Por último, regaláronnos unha chapa cunha foto na que saïamos cada un de nós con outros compañeiros da nosa clase, un lapis que, se o plantamos na terra, nacerá unha planta, un caramelo e un globo verdes (da cor da Natureza).fguiop

JULIA VILLASUR