Audi creativity challenge

Nuevo

Ola a todos!!! Nesta publicación querémosvos facer chegar un vídeo feito por tres alumnos de Cultura Científica de 1º de Bacharelato coa profesora Mari. Elaborárono para participar no Audi Creativity Challenge, un concurso promovido pola marca Audi e que ten como finalidade encontrar solucións para innovar no sector cultural, na súa difusión e nas formas de consumo. Podedes ver o vídeo facendo clic nesta ligazón.

Agardemos que estes alumnos poidan gañar o concurso. Sorte, compañeiros!!!!