Attack on Titan

Attack on Titan, tamén coñecido como Shingeki no Kyojin é, orixinalmente, unha colección de mangas, é dicir, cómics xaponeses, que conta con 27 tomos, por agora. O primeiro manga publicouse no ano 2009, na revista mensual Bessatsu Shonen, e sae un capítulo cada mes. Despois, como lles acontece a moitos mangas, fíxose unha serie animada en xapón (un anime) sobre esta historia, que actualmente conta de 3 temporadas, a segunda parte da terceira saíu recentemente o 28 de abril. O seu creador chámase Hajime Isayama e custoulle moito atopar unha editorial que lle publicara a súa historia. O autor inspirouse en cando el era pequeno e estaba na súa cidade natal de Hita, medio apartada e entre montañas, onde sempre se preguntaba se habería montruos fóra dos muros naturais que rodeaban a cidade. Esta historia é moi coñecida, e ten unha trama orixinal.

A historia comeza presentándonos aos personaxes principais cando eran nenos e vivían nunha das cidades amuralladas: Eren Jaeger, Armin Arlert e Mikasa Ackerman. Nos primeiros capítulos explícase a situación da humanidade, que está vivindo en cidades rodeadas por 3 murallas de 50 metros, unhas dentro doutras, para protexerse dos titáns, que son unhas criaturas con forma humana que poden medir de 3 a 20 metros e que se alimentan de humanos, aínda que poidan sobrevivir sen comelos. Pegadas ás murallas, hai outras cidades máis pequenas rodeadas tamén por outras murallas, que serven para que os titáns non ataquen ás principais. Neste tipo de cidades viven os protagonistas.

Un día, un titán xigante de 60 metros, chamado Titán Colosal, e outro máis pequeno de 15 metros recuberto dunha coiraza moi dura romperon un dos muros, deixando que os titáns formaran un masacre. A nai do protagonista morre, pero este xunto a Armin e Mikasa logran chegar ao barco que evacuaba á cidade cara a outras máis interiores.

Despois deste suceso, pasaron os anos, e Eren, Mikasa e Armin decidiron adestrar para alistarse á unha especie exército que loita contra os titáns. Hai tres divisiones militares: A Policía Militar ( a que só teñen a posibilidade de ir os 10 mellores), que se ocupan da orde na cidade máis interior (e polo tanto máis protexida) e de servir ao rei; As Tropas Estacionarias, que se encargan da orde nas cidades e de protexelas e a Región de Recoñecemento, á que van ir os personaxes principales, nas que se sae a inspeccionar fóra das murallas e de intestigar aos titáns. Todos os que se apunten a calquera das divisións militares teñen que saber utilizar un equipo especial chamado Equipo Tridimensional, que serve para loitar contra aos titáns, xunto con dúas espadas especiales para poder cortarlles a dura pel.

A historia evolucionará presentándonos novos personaxes, e novos titáns. A saga aínda non rematou, así que os fans temos que esperar para poder saber se a humanidade remata solventando todos os problemas aos que se ven sometidos, e se poden chegar a saber todos os segredos que os titáns agochan.

Irene Jardón e Fabianna Villamediana, 2ºC