As viaxes do Casares

Como é habitual, o noso centro xa ten programadas as viaxes que realizarán os alumnos o vindeiro ano 2017. Os afortunados este ano son 2º da ESO, 3º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Os alumnos de segundo da ESO viaxarán a León. Alí estableceranse nun campamento co obxectivo de practicar a inmersión na lingua francesa. Contarán con monitores con experiencia nesta lingua. Durante esta semana levarán a cabo actividades para practicar este idioma e, sobre todo, divertiranse.

Os alumnos de terceiro da ESO desprazaranse ata a provincia de León tamén, para gozar da neve e dos deportes de inverno. Pasarán cinco días na estación de esquí de Leitariegos recibindo clases de esquí e de snowboard .

O destino dos alumnos de cuarto da ESO será, como cada ano, Londres. Alí visitarán os lugares máis emblemáticos da capital inglesa, como a National Gallery, o London Eye, o Museo de Historia Natural, etc.

O primeiro curso de Bacharelato viaxará, por segundo ano consecutivo, a París. Alí visitarán os lugares máis famosos da cidade da luz: o Louvre, a Torre Eiffel, Notre Dame, etc.

Travel Globe by gnokii

Texto: Helena, Lara Pampillón, Laura e Elena.