Unha sesión de cantos burlescos

Xusto ao volver das vacacións de Semana Santa, o día 3 de abril, o curso de 1º C e unha representación de 1º de ESO B participamos nunha actividade moi entretida: creamos e cantamos regueifas inventadas por nós. Nesta actividade participaron dous regueifeiros, Luis o Caruncho e Pinto de Herbón. Eles, acompañados da zanfoña, cantaron e non só iso, senón que, servíndose da súa facilidade para a improvisación, inventaron cantos que non tiñan preparados: unha regueifa sobre o noso instituto, sobre a nosa clase e sobre nós.

Á parte diso, escribimos unha regueifa cada un de nós; eles dixéronnos frases para algunhas partes, pero iso dificultounos un pouco a tarefa, porque tiñamos que facer as regueifas introducindo esas frases.

Tamén nos comentaron que os mellores regueifeiros/as da clase ían ter outro obradoiro de regueifas e de aí algúns ían ir a un concurso.

 

[wzslider]

AREA GARCÍA LÓPEZ  1º ESO C

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará