As rapazas achéganse ás TIC

 

FOT_diaadia_27052015_RapazasNasTIC_09_RuthCarrera_THUMBNAIL

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia celebrou o xoves día 23 de abril na nosa capital, Santiago de Compostela, unha convención onde  concienciaban as rapazas sobre a importancia das TIC, co gallo do  día das “Rapazas emprendedoras nas TIC”. Asistiron as rapazas do IES Carlos Casares. Esta actividade foi realizada no CESGA (Centro de supercomputación de Galicia).

Pola mañá, asistiron a unha charla na que diferentes relatores e relatoras das Consellerías de Educacion e Igualdade e mais o director do CESGA promovían o interese das rapazas polas TIC e a importancia delas para conseguir un bo traballo. Ademais, falaron sobre a necesidade, no campo das TIC, da implicación das mulleres. Seguidamente, continuaron a charla mulleres relevantes no campo das TIC: contaban as súas experiencias neste campo.

Ao mediodía, as alumnas do IES Carlos Casares foron de visita ao observatorio astronómico da Universidade de Santiago. Alí, explicáronlles a funcion do observatorio e puideron visitar as cúpulas e ver a superficie do Sol. Máis tarde, volveron ao CESGA e alí, dividíronse en grupos para realizar diferentes talleres. Desta forma, coñeceron un pouco máis sobre a función do centro, visitaron un supercomputador e descubriron programas de animación online… Ademais, xogaron co Lego We Do (un robot da marca), viron traballar unha impresora 3D e puideron gozar do Makey Makey.

En resumo, viviron unha grande  experiencia informática!

TEXTO: Vanja Veiga/ FOTOS: Ruth Carrera

[wzslider transition=”‘slide'” info=”true”]

 

 

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará