As nosas mulleres

Este curso estamos a desenvolver no centro o Proxecta Donas de Si e o alumnado de 1º de ESO quixo renderlles unha homenaxe ás mulleres que teñen ao seu arredor: nais, avoas, tías, amigas, todas aquelas que supoñen un modelo a seguir para eles. Por este motivo organizaron unha exposición o día 7 de marzo. 

O alumnado explicou en que consistiron os seus traballos: ilustracións acompañadas dun texto de agradecemento a todas as mulleres que os inspiraron e coas que se senten identificados. Utilizando un programa de realidade aumentada, cada un dos alumnos e alumnas podía ser visto e escoitado; para iso, foron previamente gravados.

Velaquí o traballo de Sofía. Para poder ver os vídeos en realidade aumentada abonda con descargar nun dispositivo móbil ou ben nunha tableta ou iPad a aplicación HP- Reveal e enfocar sobre o cartel.

Sofía (2)

 

Ademais destes traballos, o alumnado de 1º de ESO presentou os seus carteis pola igualdade, nesta ocasión en formato interactivo, utilizando códigos QR. Un dos carteis, o de 1º ESO C, resultou gañador dun accésit no I Concurso de carteis do 8 de marzo convocado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e mais a Secretaría Xeral de Igualdade. 

Cartel interactivo gañador dun accésit no I Concurso do 8 de marzo, Día Internacional da muller

Cartel interactivo de 1º C, gañador dun accésit no I Concurso do 8 de marzo, Día Internacional da muller.

Na exposición puidemos gozar dunha estupenda merenda na cafetería, grazas a Sofía, outra gran muller!

Na seguinte ligazón pódese acceder a todos os traballos http://donasdesi.iescarloscasares.es/

Ao alumnado e ás familias invitadas encantoulles este proxecto. Esperamos que siga en pé durante moito tempo!

Carlota Salgado 1º B e Sofía Molares 1º C