As nosas finalistas no concurso “Que é un rei para ti?”

Vanja e Ruth cos seus respectivos traballos na entrega de premios no MUPEGA

Ruth e Vanja de 2º ESO C encóntrase entre os corenta e un finalistas autonómicos, dentro dos máis de dous mil traballos presentados, do concurso “Que é un rei para ti 2015”.

O traballo de Ruth é un libro inspirado na exposición “El Retrato en las Colecciones Reales” no Palacio Real de Madrid. Nel retrata reis e raíñas da monarquía española dende Isabel a Católica a FelipeVI cortando os retratos para, como un xogo, ir combinando peiteados, vestimentas…

Vanja, cun díptico pop up en espiral cheo de coroas, fala da monarquía española centrándose na casa de Borbón e buscando os acertos e infortunios de cada reinado para, ao final, dar a súa visión crítica sobre o que debería facer o novo rei como símbolo de modernidade e renovación.

Na seguinte ligazón (actividades, concurso, 34 concurso 2014/15, exposiciones, galicia) podedes ver parte dos traballos finalistas e o gañador da nosa comunidade autónoma.

http://www.fies.es/#