As nosas estruturas

As mellores estruturas de 2º de ESO expostas no vestíbulo

Coa realización deste proxecto pretendemos que o alumnado resolva sinxelos problemas tecnolóxicos abordando a súa análise con autonomía e creatividade, traballando de forma ordenada e metódica para formular solucións prácticas e idóneas. Deste xeito, facilitamos a adquisición duns hábitos intelectuais e dunhas destrezas técnicas que lles permitan  identificar situacións problemáticas da vida cotiá,  avaliar as súas consecuencias, e formular con espíritu innovador e creativo vías de posibles de solucións.

Texto: Pilar Carro. Foto: Almudena Lacomba