Xa hai máis de medio curso que o alumnado de 2º de ESO achegan novas, curiosidades, etc. e van dando vida a este blog que nos fai ver que as matemáticas están presentes na vida e son necesarias tanto para facer un edificio como para crear música e poesía.
Este blog foi unha idea de Elena, Claudia e Ruth de 2º C. Os seus e súas compañeiros e compañeiras de 2º van axudándoas a encher esta páxina que hoxe esta a disposición de quen queira entrar e estea interesado ou interesada en descubrir a importancias das matemáticas. Nela hai moitos apartados que relacionan esta materia coas linguas, a literatura, as ciencias e as artes; proxectos relacionados coa materia que se realizan no noso instituto. Tamén hai un enigma novo cada semana, con posibilidade de premio para quen o resolva correctamente.
Este blog, que foi creado co esforzo e traballo do alumnado, vai ser enviado a uns concursos coa finalidade de conseguir que o noso traballo sexa valorado por expertos na materia Todos traballaron moi duro nel, aínda que os profesores lles dixeran que o importante era participar e aprender a crear contidos orixinais e novidosos, investigando e utilizando diferentes fontes, sempre respectando os dereitos de autor.
Esta páxina tampouco sería posible sen algúns profesores como Almudena, profesora de Atención educativa, e Avelino. Almudena axudou os alumnos a que os textos que crearan estivesen ben redactados, dirixíndoos mentres elaboraban os seus textos ou publicaban os diferentes traballos. Avelino, profesor de matemáticas, axudou a resolver, achegando pistas ao blog, aos seis enigmas que ata o día de hoxe o alumnado do centro estivo solucionando. Esta foi unha parte fundamental no blog posto que permitía a interacción entre todos e todas. Este blog foi o resultado do traballo dos alumnos que, aínda que as súas axendas estaban cheas de exames, traballos e deberes, sacaron tempo para encher o blog cuns materiais interesantísimos. O seu traballo debe ser recoñecido e dámoslles os parabéns, tanto se gañan como se non. Crear este blog foi unha experiencia divertida e agora que case estamos na recta final de curso, botamos a vista atrás pensando nos bos momentos que pasamos dándolle vida a ese blog. Máis de un dá as grazas a esas mozas de 2º que tiveron a grande idea de crear este blog.
TEXTO:María Vila/FOTO: Elena Alvarez