As estreas máis agardadas en 2015

As 10 películas máis agardadas e que paga a pena ver durante este ano.

-La serie Diveregente: Insurgente

As cinco faccións nas que se divide a sociedade entran en conflito.  As decisións que se toman son máis poderosas ca de costume. Tris xa non é a que era, agora  é máis dura e verase obrigada a levar a cabo accións impensables para ela.

 

-Vengadores. La era de Ultrón

O destino do planeta pende dun fío cando Tony Stark intenta facer funcionar un antigo programa para manter a paz. Cando o vilán Ultrón aparece, é tarefa dos Vingadores detelo antes de que leve a cabo os seus terribles plans para o mundo.

-Los juegos del hambre: Sinsajo-Parte 2

Despois de moito tratamento e terapia, o estado de Peeta parece mellorar. Non obstante a súa actitude dista moito do mozo esperanzado e varudo que era antes. A guerra manda, e dentro do Capitolio, a moza en chamas, está decidida a acabar con Snow. Quen sobrevivirá e quen morrerá? Continuarán os xogos? Acabará elixindo Katniss ao atractivo Gale, o ao delicado aínda que  mentalmente danado Peeta?

 

-Fast & Furious 7

Outra volta os problemas perséguenos, sen conseguir librase da mancha de criminais da súa ficha. A súa ampla traxectoria participando en  carreiras ilegais, perseguiraos e deberán facer fronte ás circustancias da única forma que saben. Cando os poñan entre a espada e a parede idearán un plan para fuxir do perigo nunha trepidante carreira por salvar a vida e limpar a súa reputación.

 

-El viaje más largo

Dúas historias de amor que non teñen conexion ningunha atoparanse unidas polo destino. A neve provoca que un home se atope atorado, illado e só. Cando o frío e a fame comezan a facer mella nel, as alucinacións acompañarano ao longo dunha viaxe a través  das lembranzas dun amor perdido e sen posibilidade de ser recuperado.

 

-Ted 2

John Bennet e Ted son amigos da alma dende hai moitos anos e a súa amizade está marcada pola promesa de non separarse xamais. As mulleres e o tempo xogarán na súa contra. Todas as mozas de John Bennet intentan separalo de Ted, mais ninguén pode con eles.

 

-Tomorrowland: El mundo del mañana

Esta película trata sobre os avistamentos de pratos voadores en Washington na década dos cincuenta. Os seus protagonistas, unha nena, un inventor e unha nena robótica, teñen que descubrir o segredo de Tomorrowland para intentar salvar o planeta Terra.

 

-La Familia Bélier

Dentro da familia Bélier, todo o mundo é xordo, agás a moza Paula de 16 anos. Ela é unha interprete indispensable para que os seus pais desenvolvan a súa vida normal, incluíndo labores dentro da granxa familiar. Sempre foi o vínculo entre o mundo exterior e os seus. Mais Paula ten unha voz excepcional que podería convertela nunha gran cantante, levando por diante as súas responsabilidades familiares.

 

-San Andrés

A costa de California é un lugar tranquilo, os días transcorren con total normalidade, ata que se desata un terremoto na falla de San Andrés. A cidade quedará totalmente derruída e desolada. Neste contexto, un piloto de helicóptero só ten un obxectivo: atopar a súa filla. Co seu helicóptero sobrevoará a zona do desastre, intentando axudar a persoas en apuros.

 

-Los Minions

Ao longo do tempo, os minions foron servindo aos máis despreciables viláns: dende o Tiranosaurio Rex ata Napoleón. Os minions atópanse agora sen ningún amo ao que servir e

caen nunha terrible depresión. Un día o minion Kevin decide embarcarse co rebelde Stuart e co adorable e pequeno Bob, na procura dun novo amo malvado ao que servir. Viaxando dende a Antártida ata a Nova York dos anos 60, os minions acaban no Londres actual, onde teñen que facer fronte ao seu maior desafío: salvar a toda a raza minion á que queren aniquilar.      TEXTO: Antía Gago, Ruth Carrera/ FOTOS: gestraylercine