As aventuras de Candela Crespo

Candela Crespo Gallego é unha antiga alumna do IES Carlos Casares que rematou hai pouco a carreira de Enxeñaría Química. Na súa estancia no centro demostrou ser unha brillante alumna e a súa habilidade en ciencias, química e debuxo técnico. Recentemente concursou no programa de televisión “Ahora Caigo”, onde viviu unha gran experiencia, aínda que a súa participación non foi moi longa: o concursante central escolleuna de primeira e a ela resultoulle moi difícil desbancalo.