A maior parte estamos a traballar en pequeno grupo, dous ou nalgúns casos tres alumnos/as, agás un grupo que ten oito alumnos/as. O xogo que están deseñando é semellante ao xogo da OCA. O tema é: a igualdade de xénero. O traballo de cada pequeno grupo consiste en deseñar un minixogo baseado na temática da igualdade. O gran grupo deseñará o taboleiro con 15 casas, por ser o 15 de xullo o día da Igualdade, e as fichas correpondentes sobre igualdade. Os minixogos enlazaranse con cada unha das casas do taboleiro. O xogo consiste en que cada xogador teña unha ficha e vaia avanzando a medida que complete os minixogos, acadando, deste xeito, unha puntuación. Gañará quen obteña máis puntos.
Yvette. 2ºB