Aprendendo a coidarnos

Este ano, os alumnos de 3º da ESO disfrutaron dun divertido taller sobre a dieta mediterránea e estilos de vida saudable, no noso laboratorio de bioloxía. Neste taller, foron iniciados nesta dieta por dúas especialistas nela, as cales lles explicaron en que consiste, os alimentos principais, as diferentes maneiras de combinar os alimentos e algunhas recetas. Por exemplo: a presenza de froitos secos nas comidas diarias, beber auga con frecuencia, ter comidas tranquilas e acompañadas pola familia ou amigos, tomar legumes, peixes e cereais… Para poñer en práctica estas pequenas normas da dieta, cociñaron un burrito de verduras, carne e queixo fresco! Ao rematar o prato cada grupo levou un premio pola presentación e calidade  de sabor do burrito. O estilo de vida da dieta mediterránea tamén implica realizar deporte diariamente, polo que ao acabar o exquisito prato fixeron unha pequena clase de zumba. Os alumnos quedaron encantados e aprederon moito sobre o noso benestar.

[wzslider autoplay=”true”]

[wzslider autoplay=”true”]

Texto: Vanja e Naia. Fotografías: Rosa Gómez